sábado, 10 de dezembro de 2011

ALMA ESTÚPIDA

ALMA ESTÚPIDA

Do canto queda así dunha alma estúpida
A fonte interminable de ilusións
E nela cada día ti me expón
En forma tan sutil e ás veces cúpida.

Porén ao entender ser a crisálida
Que un día libertária se fará,
O canto desvelarlle desde xa
Deixando a miña face agora pálida,

A calma me saber do fin do xogo,
E tanto podo mesmo en tal derrota
Cambiar o que se fóra antiga nota

Xamais ouvindo así pedido e rogo,
Seduz-me o que non puido e podería,
Mais nada vale máis que a fantasía ...

Nenhum comentário: