Pedras costumeiras
Se as pedras costumeiras recoñezo
Non tendo máis sequera o que temer,
Aínda en realidade podo ver,
O como mo desorde algún tropezo,
Virando a miña vida sen comezo
Pasado novamente sen querer
Non podo e non concedo este pracer
Futuro máis tranquilo, pois, merezo.
E sangra cando penso no que fora
Unha alma tantas veces pecadora,
Pero tanto marcada busca a foz
E tendo así diversa súa vida,
A tez que outrora fora poluida,
cambiando en mansidão a rude voz.
Nenhum comentário:
Postar um comentário